Por aquí vos deixamos un novo número da nosa revista escolar "A buxaina". Nela van incluídos algúns dos traballos do noso alumnado ao longo deste curso 2024 2025.
mércores, 11 de xuño de 2025
martes, 3 de xuño de 2025
ENTREGA DE PREMIOS “XII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA”
Hoxe fixemos a entrega de premios do "XII Concurso de fotografía".
Como ben puidestes comprobar na exposición deste ano, a calidade dos traballos e o esforzo dos participantes foi altísimo.
Por iso, o xurado decidiu facerlle entrega dun agasallo a todos e a todas as participantes.
Moitísimas grazas a todas e a todos por participar.
EXPOSICIÒN XII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
Xa temos expostos os traballos presentados polo "XII Concurso de Fotografía". O título do concurso deste ano é "Unha voltiña por Galicia" e, como podedes ver, temos verdadeiras xoias fotográficas na nosa exposición.
Debido ao gran traballo realizado polo alumnado que se presentou ao concurso decidimos premiar a todos e todas elas como recoñecemento polo seu esforzo. Nos vindeiros días faremos a entrega de premios, estade atentos.
Esperamos que todos e todas gozarades coa actividade e moitas grazas por participar.
VISITA PANDERETEIRAS - LETRAS GALEGAS 2025
Como ben sabedes todos e todas, este ano o día das LETRAS GALEGAS 2025 está dedicado á poesía de popular oral e personificado na figura das nosas Cantareiras. As cantareiras utilizaban nas foliadas ou seráns todo tipo de instrumentos para acompañar os seus cantos (culleres, pratos, pandeiretas, pandeiros...).
Para facerlle unha homenaxe no noso centro e acercar ao alumnado a tradición oral e a como esa transmisión xeneracional pasou das Cantareiras ás asociacións culturais e a aos coros a finais do século XX, na semana previa ao día das LETRAS GALEGAS, visitáronnos no cole dúas pandereteiras cos traxes de gala tradicionais galegos.
Moitas grazas a Cristina e Noemí pola súa axuda e amabilidade.
EXPO CANTAREIRAS
Aquí vos deixamos un vídeo con todo o que "debedes saber" sobre o día das LETRAS GALEGAS 2025 e as CANTAREIRAS.
Esperamos que vos resulte de utilidade.
QUE SABES DAS CANTAREIRAS?
Esta semana celebramos o día das LETRAS GALEGAS 2025. Este ano está dedicado á poesía popular oral e personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (As nosas cantareiras).
Aquí vos deixamos un xogo en formato Genially para saber máis sobre "AS CANTAREIRAS".
Esperamos que sexa do voso agrado.
EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2025
Xa temos dispoñible a "Exposición Letras Galegas 2025" no corredor da planta baixa do centro.
Esperamos que sexa do voso agrado.



