mércores, 31 de outubro de 2012

Chegou o Samaín 2012

Que medo!!! Hoxe chegamos ao cole e estaba cheo de morcegos, arañas, vampiros, meigas, cabazas, momias, esqueletos, monstros... Sabedes??? Era a festa de SAMAÍN. Ollade con nós!!! Podes ver máis fotos na galería de fotos de Samaín.





domingo, 28 de outubro de 2012

Eu Falarei

EU FALAREI, con música do "I will survive" de Gloria Gaynor, e cunha letra escrita polo EDLG de Chapela, é un canto de amor en defensa da Lingua Galega, mais tamén é unha denuncia da situación que vive un idioma que esmorece lentamente vendo recortada a súa presenza nos medios de comunicación ou na propia escola, e que día a día perde falantes entre a xente nova.





As linguas suman

Tríptico da CGENDL dirixido ás familias do alumnado. Consúltao.
Ligazón