martes, 2 de decembro de 2014

Berce do Pedro Chosco

Mini Rivas interpreta este canto de berce que pertence ao libro-disco Non hai berce coma o colo de Kalandraka.





xoves, 25 de setembro de 2014

Ledo - Happy

Vídeo organizado polo equipo de Letras Galegas, dentro do ENLG do CEIP de Sárdoma. Os cativos e as cativas colaboran con moito interese.





mércores, 28 de maio de 2014

martes, 27 de maio de 2014

A ponte romana

Símbolo por excelencia da cidade de Ourense, fixemos unha breve investigación sobre a Ponte Romana que rematou con estes fermosos debuxos feitos por nós.

Máis fotografías nesta galería...

luns, 19 de maio de 2014

A vendima

Dentro dos nosos traballos do outono, falamos da vendima e Martiño Fernández Rodríguez (A-2), de tres anos, explicoulle aos compañeiros como o seu avó Luis fai a augardente.





luns, 5 de maio de 2014

Letras Galegas 2014

A Real Academia Galega, na súa sesión plenaria do 21 de xuño de 2013, acordou escoller a  Xosé María Díaz Castro como intelectual ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas de 2014, ano que coincide co primeiro centenario do seu nacemento.

"Penélope" é o poema máis editado e traducido de Díaz Castro no que denuncia o inmobilismo do país.

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,


e a tea dos teus soños non se move...


O grupo musical A Quenlla converteuno nunha fermosa canción.





A auga no país dos mil ríos





venres, 25 de abril de 2014

A primavera

Coa chegada da primavera animámonos a facer actividades onde expresamos o aprendido desta estación do ano: saen as flores, hai bolboretas, os paxariños crían nos niños, pomos outra vestimenta, saímos ao campo… Velaquí unha mostra dos murais feitos.

venres, 28 de marzo de 2014

Entroido 2014 en Infantil

No Entroido tivemos unha festa de disfraces moi divertida, non faltaron as bruxas, os superheroes, vampiros, princesas, raíñas e animais… deste xeito desfilamos polo patio ao son da música para ledicia dos nosos pais e avós que nos viñeron ver e fixeron moitas fotos.

Ao outro día fixemos estes debuxos do guapos/as que iamos.

 

Podedes ver máis debuxos nesta galería de fotos.

venres, 21 de febreiro de 2014

Negra sombra - Rosalía de Castro

No bico un cantar, un concerto de nenos e nenas cantando obras en galego, celebrado en San Domingos de Bonaval. Interpretan neste vídeo "Negra Sombra", poema de Rosalía de Castro musicado polo compositor Xoán Montes.





xoves, 20 de febreiro de 2014

Airiños, airiños, aires - Rosalía de Castro - Astarot

O grupo cangués Astarot naceu en 1983 coa idea de facer versións heavys para tocar nos locais rockeiros do Morrazo. Nesta canción fai unha versión do poema "Airiños, airiños, aires".





martes, 18 de febreiro de 2014

Inverno en Infantil

Este inverno está sendo ventoso e húmido, mais co noso traballo volvémolo divertido e agarimoso.







luns, 27 de xaneiro de 2014

Eu quero apenas - Roberto Carlos

Roberto Carlos e Erasmo Carlos compuxeron alá polo ano 1974 unha fermosa canción titulada "Eu quero apenas", unha fermosa canción que fala da amizade.







Letra en galego:

EU QUERO APENAS ...

(Eu só quero… )

Eu quero apenas ollar os campos,
eu quero apenas cantar meu canto,
eu só non quero cantar soíño,
eu quero un coro de paxariños,
quero levar o meu canto amigo,
a calquer amigo que precisar.

(Refrán)
Eu quero ter un millón de amigos
e ben mais forte poder cantar.
Eu quero ter un millón de amigos
e ben mais forte poder cantar 


Eu quero apenas un vento forte,
levar meu barco no rumbo norte
e no camiño, o que eu pescar
quero dividir, cando alá chegar,
quero levar o meu canto amigo
a calquer amigo que precisar

(Refrán)

Eu quero crer na paz do futuro,
eu quero ter un quintal sen muro
quero meu fillo pisando firme,
cantando alto, sorrindo libre,
quero levar o meu canto amigo
a  calquer amigo que precisar

(Refrán)

Eu quero amor decidindo a vida,
sentir a forza da man amiga,
o meu irmán con sorriso aberto,
se el chorar, quero estar por perto,
quero levar o meu canto amigo
a calquer amigo que precisar

(Refrán)

Veña comigo ollar os campos,
cante comigo tamén meu canto
Eu só non quero cantar soiño,
eu quero un coro de paxariños,
quero levar o meu canto amigo
a calquer amigo que precisar.

(Refrán)

 

 

domingo, 26 de xaneiro de 2014

Arco - Iris

Inauguramos a sección O galego no mundo coa canción "Arco-Íris" da cantante brasileira Xuxa. O
portugués de Brasil é un idioma irmán do galego. Xa veredes que ben se entende e que doado é falalo. Aquí tedes o vídeo...







A letra en brasileiro.

ARCO-ÍRIS

Vou pintar um arco-íris de energia
pra deixar um mundo cheio de alegria
se está feio ou dividido
vai ficar tão colorido…!
O que vale nesta vida é ser feliz.

Com o azul eu vou sentir tranqüilidade,
o laranja tem sabor de amizade
com o verde eu tenho esperança
que existe em qualquer criança
de enfeitar o céu nas cores do amor.

No amarelo um sorriso pra iluminar
feito o sol, tem o seu lugar
brilha dentro da gente,
Violeta mais uma cor que já vai chegar,
o vermelho pra completar
meu arco-íris no ar.

Toda cor tem em si
uma luz uma certa magia.
Toda cor tem em si
emoções em forma de poesia.
Toda cor tem em si
uma luz uma certa magia.
Toda cor tem em si
emoções em forma de poesia.

No amarelo um sorriso pra iluminar
feito o sol, tem o seu lugar
brilha dentro da gente.
Violeta mais uma cor que já vai chegar,
o vermelho pra completar
meu arco-íris no ar.

Toda cor tem em si
uma luz uma certa magia.
Toda cor tem em si
emoções em forma de poesia.
Toda cor tem em si
uma luz uma certa magia.
Toda cor tem em si
emoções em forma de poesia.

A letra en galego, grazas ao ENDL do CEIP Irmáns Villar de Ourense
ARCO ÍRIS

Vou pintar un arco-iris de enerxía
pra deixar un mundo cheo de alegría…
se está feo ou dividido,
vai ficar tan colorido…!
o que vale nesta vida é ser feliz.

Co azul eu vou sentir tranquilidade,
o laranxa ten sabor de amizade,
co verde eu teño a esperanza,
que existe en calquer crianza,
de enfeitar o ceo nas cores do amor…
Co amarelo, un sorriso pra iluminar,
feito o sol ten o seu lugar,
brilla dentro da xente,
Violeta, mais unha cor que xa vai chegar,
o vermello pra completar
meu arco-íris no ar.

Eo, eo, eo, eo, eo, eo...

Co amarelo, un sorriso pra iluminar,
feito o sol ten o seu lugar,
brilla dentro da xente,
Violeta mais unha cor que xa vai chegar,
o vermello, pra completar
meu arco-iris no ar.

Toda cor ten e si
unha luz unha certa maxia.
Toda cor ten en si
emocións en forma de poesía.
Toda cor ten e si
unha luz unha certa maxia
Toda cor ten e si
emocións en forma de poesía.
Eo, eo, eo, eo, eo, eooo...