martes, 24 de febreiro de 2015

O inverno en Infantil 2014-2015

O inverno trouxo choiva, neve e frío.









Aprendemos cantigas desta estación, vocabulario sobre os fenómenos atmosféricos, a roupa...





Fixemos murais, bonecos de neve con plastilina e outros materiais...













luns, 23 de febreiro de 2015

Nadal en Infantil 2014-2015

Ilusionados preparamos a chegada do Nadal con murais, debuxos e grilandas…














Participamos no concurso de Postais de Nadal….















Preparamos unha carta para entregar aos Reis Magos, que nos fixeron unha visita…





Tamén apareceu o Apalpador, do que empezamos a coñecer a súa historia.

Todos aprendimos a panxoliña “Campaíña”.



Para ver máis fotos, visitade a galería do Nadal 2014-2015.

domingo, 22 de febreiro de 2015

Magosto en Infantil 2014 - 2015

Celebramos o día 10 de novembro a festa do magosto típica de Ourense que coincide coa festividade do San Martiño.

 

 

Fixemos murais, adornos , debuxos. Aprendimos cantigas do magosto.

 

 Cada neno salvou da fogata dúas castañas que plantamos en vasiños e que coidaremos para estudar o proceso de crecemento dun castiñeiro.

 

Disfrutamos cos xogos populares...

 

Rematamos a xornada coa degustación de castañas asadas e un bolo preñado.

 

 

Podedes ver máis fotos nesta galería.

 

 

 

 

 

sábado, 21 de febreiro de 2015

Samaín en Infantil 2014- 2105


Co Samaín enchemos os corredores e as aulas de pantasmas, vampiros, esqueletos, meigas...


Realizamos actividades para aprender o significado de palabras como Samaín, pantasma, meiga, vampiro...

Palabras como cabaza ou esqueleto tamén as empregamos moito...

Así de guapas e guapas estabamos diante dos murais dos corredores ou nas clases para mostrar os nosos adornos...
 
Se queredes ver máis fotos, visitade a galería do Samaín 2014-2015.