martes, 14 de novembro de 2023

EXPOSICIÓN OUTONO/SAMAÍN 2023

Aquí vos deixamos as fotos da exposición cos minimundos creados con elementos do Outono. Darlles as GRAZAS ás familias pola súa colaboración e felicitalos pola creatividade nas creacións. Podedes acceder á galería de fotos premendo na fotomontaxe. Esperamos que sexa do voso agrado.

luns, 30 de outubro de 2023

"NO SAMAÍN" de Paco Nogueiras

     Aquí vos deixamos unha canción co seu vídeo musical para cantar e cantar neste Samaín.

     A canción titúlase "No Samaín" e o seu autor é Paco Nogueiras que a publicou no seu albúm "Brinca Vai".

     Esperamos que sexa do voso agrado e que pasedes un "terrorífico" Samaín".

 

xoves, 22 de xuño de 2023

ENTREGA PREMIOS "X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA"

     Aquí vos deixamos unha fotomontaxe coas imaxes do acto de entrega de premios do X Concurso de fotografía "A vexetación en galicia".

     Todos os/as participantes do concurso recibiron un pequeno agasallo e os gañadores e gañadoras, un por nivel educativo, o seu merecido premio.

     Moitas grazas a todos e todas por participar.

XORNAL ESCOLAR "A BUXAINA 2023"

     Xa está aquí o XORNAL ESCOLAR deste curso escolar 2023. Esperamos que se do voso agrado.


 

 

xoves, 15 de xuño de 2023

VÍDEO BIOGRAFÍA DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO / LETRAS GALEGAS 2023.

     Aquí vos deixamos unha vídeo biografía de Francisco Fernández Del Riego elaborada polo colexio San Pío X de Ourense.


         FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023!!!!!!

O RODICIO DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO / LETRAS GALEGAS 2023

     Neste entrada poderedes xogar e aprender sobre o autor homenaxeado este ano no día das letras galegas: Francisco Fernández Del Riego.


Esperamos que sexa do voso agrado.

A MIÑA LINGUA GUAPA

     Aquí vos deixamos unha filme elaborado pola Real Academia Galega no que se relata a fascinante historia do nacemento dun idioma especial como ningún outro.

     Esperamos que sexa do voso agrado.

EXPOSICIÓN "X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA"

      Aquí vos deixamos a galería coas imaxes dos traballos presentados ao  X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "A VEXETACION EN GALICIA" e un arquivo adxunto coa imaxe da exposción instalada no interior do colexio.

     Como ben podedes comprobar, os traballos presentados son dunha altísima beleza e calidade.


      Moitas grazas a todos e todas por participar.


xoves, 13 de abril de 2023

X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

     Un ano máis, comprácenos presentarvos o noso concurso de fotografía. Este curso escolar a temática é: "A VEXETACIÓN EN GALICIA". Tal e como podedes ver no cartel adxunto, a data límite de entrega é o 14 de Abril de 2023. Recordade, é un concurso organizado polo equipo de dinamización da lingua Galega do centro, polo tanto, o idioma a utilizar nos traballos presentados deberá ser o Galego    

                

     Esperamos os vosos traballos. Animádevos a participar. 



xoves, 2 de marzo de 2023

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA 2023

     Este curso, para conmemorar o día de Rosalía de Castro, traballamos tres poemas do libro de poesía "Cantares Gallegos" da propia autora.

     Nas aulas de educación primaria cada alumno/alumna escribiu un verso do poema traballado nun tira de papel de cor e... cos papeis resultantes, fixemos unha cadeneta na que compuxemos a poesía.

     Nas aulas de educación infantil cada alumno/alumna coloreou unha ilustración de Rosalía de Castro e coas imaxes resultantes elaboramos unha pequena cortina.

     Para dar a coñecer o noso traballo ao barrio da Ponte e homenaxear á autora decidimos pendurar das árbores da Rúa Rosalía de Castro os nosas composicións.

     Este foi o resultado:

 PORTADA DÍA DE ROSALÍA

     Esperamos que sexa do voso agrado.


mércores, 22 de febreiro de 2023

ROSALÍA DE CASTRO 2023

     Aquí vos deixamos un vídeo de TVG con cinco datos curiosos sobre Rosalía de Castro que "pode" que non saibades.


FELIZ DÍA DE ROSALÍA 2023

martes, 7 de febreiro de 2023

O ENTROIDO GALEGO 2023

     Aquí vos deixamos un arquivo pdf con diversas actividade para traballar o entroido tradicional galego. Só tes que facer clic na seguinte imaxe.

 
     Esperamos que vos sexa de utilidade.
 

mércores, 18 de xaneiro de 2023

CANCIÓN PAZ 2023

     Aquí vos deixamos a "nosa" canción para conmemorar a PAZ neste ano 2023. Cantarémola, bailarémola e vivirémola tan intensamente como poidamos para desa maneira enviar a nosa mensaxe de PAZ ao mundo enteiro.


       Facendo clic na seguinte imaxe poderedes descargar a letra da canción en formato pictogramas.
       Esperamos que vos guste.


mércores, 11 de xaneiro de 2023

MOSTRA DE POSTAIS GAÑADORAS "FELICITA EN GALEGO 2022"

     Aquí podedes ver a mostra/exposición de postais gañadoras de cada unha das aulas do centro no concurso "FELICITA EN GALEGO 2022" convocado polo equipo de dinamización da lingua Galega neste Nadal.


     Moitas grazas pola vosa participación e BO NADAL.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2022

     Aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras para este tempo de Nadal 2022. Podedes atopar todos os títulos na biblioteca do centro na sección de novidades.



EXPOSICIÓN OUTONO-SAMAÍN 2022

Aquí vos deixamos unha galería coas fotos da exposición de OUTONO-SAMAÍN realizada cos traballos elaborados polas familias. Como podedes ver, as composicións con froitos secos e elementos propios do outono son FANTÁSTICAS. Podedes acceder á galería premendo na seguinte fotomontaxe.
MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.