venres, 24 de decembro de 2021

EXPOSICIÓN "FELICITA EN GALEGO" 2021

     Aquí, nesta foto montaxe, están as postais gañadoras de cada unha das aulas do centro. Como podedes ver son todas excelentes e... como non, felicítannos as festas en GALEGO!!!.

                

                

Así de bonita quedou a nosa exposición do centro:

                              

    

      Premendo AQUÍ podedes acceder a unha galería de imaxes na que atoparedes as exposicións que fixo cada unha das aulas coas postais non seleccionadas para a exposición de centro. Todas elas tamén fantásticas!!!.

venres, 26 de novembro de 2021

3 DE DECEMBRO - OS BOLECHAS E A INTEGRACIÓN

     Nesta entrada deixámosvos un capítulo de "Os Bolechas" no que reflexionan sobre a importancia da integración das persoas con diversidade funcional.

 

     Esperamos que sexa do voso agrado.

martes, 23 de novembro de 2021

VÍDEO CONTO "MARUXA" - 25N

      Deixámovos desta volta o vídeo conto "Maruxa". Nesta versión de vídeo, o conto ven acompañado dunha canción de Almudena Janeiro.

      

     No arquivo adxunto podedes atopar unha ficha didáctica sobre o propio conto.

     Esperamos que vos sexa de utilidade para traballar o 25 de Novembro.

martes, 16 de novembro de 2021

DÍA MUNDIAL DO NENO E DA NENA

Aquí vos deixamos un Slideshare cos dereitos dos nenos e nenas elaborado pola biblioteca do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro-Vivero. Esperamos que lle saquedes proveito.

venres, 5 de novembro de 2021

O RAP DO MAGOSTO

Desta volta penduramos un video coa canción titulado "O rap do Magosto". O autor da canción é o cantante galego Paco Nogueiras. A cantar e bailar se parar!!!!.

MAGOSTO - "HISTORIA DA CASTAÑA"

Aquí vos deixamos a historia da castaña en doce viñetas contada polo alumnado do CEP de Ventín. Esperamos que vos guste.

martes, 2 de novembro de 2021

EXPOSICIÓN DE CABAZAS DE SAMAÍN 2021

     Aquí vos deixamos a exposición de cabazas realizada no centro para conmemorar o Samaín 2021. 

     As cabazas foron realizadas polo alumnado e as súas familias e todas elas levaban unha palabra, frase ou refrán en galego en relación a esta festa. 

                        



domingo, 10 de outubro de 2021

VIDEO CONTO "CARABUÑAS"

     Nesta entrada deixámovos un video elaborado a partir do conto "CARABUÑAS" das autoras Margarita del Mazo e Charlotte Pardi e publicado por OQO editora. 

     Esperamos que gocedes del.

O SAMAÍN - UXÍA LAMBONA E A SÚA BANDA MOLONA

     Este Samaín imolo a cantar e bailar ao ritmo que nos marca o grupo musical "Uxía Lambona e a súa banda molona". Aquí vos deixamos o video musical da canción titulada "O Samaín" para que poidades cantar e bailar sen parar.

     Feliz e "terrorífico" SAMAÏN!!!!!.

sábado, 25 de setembro de 2021

SECCIÓN DE DICIONARIOS E ORTOGRAFÍA GALEGA

      Tedes á vosa disposición unha sección de Dicionarios e ortografía da lingua galega. Podedes atopala na columna lateral dereita deste bolg debaixo das seccións de etiquetas e arquivo.



xoves, 10 de xuño de 2021

REVISTA ESCOLAR "A BUXAINA" CURSO 2020 21

     Aquí vos deixamos a edición dixital da Revista escolar "A Buxaina". Como ben sabedes está elaborada cos traballos realizados polo alumnado ao longo deste curso escolar 2020 21.


mércores, 2 de xuño de 2021

MURAIS XELA ARIAS - LETRAS GALEGAS 2021

     Na semana das LETRAS GALEGAS, as aulas de Educación infantil do centro elaboraron cadanseu mural coa imaxe de Xela Arias para recordar a figura da poeta galega.

     Se premedes no seguinte debuxo da autora elaborado por un alumno do centro accederedes a unha galería de CÓDIGOS QR baixo os que están aloxados os distintos murais de cada aula (para ver os murais só tedes que escanealos cun dispositivo móbil e seguir o enlace).

                         Debuxo Xela

 

 

     Seguro que vos parecen verdadeiras obras de arte.

NON TE AMOLA!

     Nas datas previas ao día das Letras Galegas traballamos nas aulas o libro inédito de Xela Arias "NON TE AMOLA!" publicado pola editorial Galaxia. Cada unha das aulas de educación primaria do centro reilustrou (no orixinal ilustrados por Luz Beloso) un capìtulo do libro e fixo un resumo do mesmo... 

     Así quedou a nosa adaptación de "NON TE AMOLA!".

 


 
     Tamén podedes acceder aos distintos capitulos de libro de maneira individual a través da seguinte galería de CÓDIGOS QR (só tedes que escanealos cun dispositivo móbil e seguir o enlace).
     Esperamos que vos agrade.


mércores, 26 de maio de 2021

RECOLLEITA TOPONIMIA 2021

Aquí podedes consultar os topóminos recollidos polo alumnado de sexto de educación primaria ao longo deste curso escolar.

     Na táboa na que se presentan está recolliido o propio topónimo, o lugar de recollida, unha pequena descripción aportada polo alumnado e o posible significado do topónimo (coa súa orixe probable) segundo as fontes consultadas (manuais, estudos de toponímia, diferentes webs especializadas...).

     Esperamos que sexa de utilidade.

              TOPONIMIA

VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: ANIMAIS DE GALICIA - ANIMAIS SALVAXES

     Aquí vos deixamos unha montaxe coas fotos presentadas ao VIII concurso de fotografía.

     Como podedes ver todas elas son fantásticas e recollen perfectamente a esencia do concurso, 

     Moitas grazas a todos e todas por participar.

      


  

mércores, 12 de maio de 2021

VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ANIMAIS DE GALICIA - ANIMAIS SALVAXES"

Deixámosvos nesta entrada o enlace para ver a galería coas fotos presentadas ao VIII Concurso de fotografía do CEIP de Prácticas de Ourense que levaba por título "ANIMAIS DE GALICIA - ANIMAIS SALVAXES".

              

VIDEOCLIP CO TEMA "INTEMPÉRIOME" DO GRUPO MUSICAL A BANDA DA LOBA EN HOMENAXE A XELA ARIAS

 Aquí vos deixamos o videoclip de "Intempériome" pertencente al EP Hasme oír, un novo traballo de A banda da loba en homenaxe a Xela Arias.

 

GENIALLY DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

     Neste Genially podedes atopar material moi interesante para traballar o día das Letras Galegas. A pasalo xenial con el.

 


BIOGRAFÍA XELA ARIAS EN PICTOGRAMAS

     Aquí vos deixamos unha pequena biografía de Xela Arias con Pictogramas. Esperamos que vos sexa útil.

xoves, 29 de abril de 2021

BRINCADEIRAS DA LINGUA

     Deste volta deixámosvos unha lista de reproducción con divertidos programas audiovisuais realizados por Migallas teatro que teñen como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados infantís que existen na lingua galega.



     E.... o dito, a gozar coa lingua. cos xogos e cos pequenos e pequenas.

xoves, 22 de abril de 2021

XELA ARIAS - LETRAS GALEGAS 2021

Aquí vos deixamos os materiais elaborados polo Seminario Galán en torno á figura de Xela Arias.
A gozar con eles.

VIDA E OBRA DE XELA ARIAS - LETRAS GALEGAS 2021

Aquí vos deixamos un vídeo elaborado polo colexio San Pio X de Ourense en colaboración co Seminario Galán no que se fai un repaso da vida e obra de Xela Arias, autora homenaxeada no día das Letras Galegas 2021. Esperamos que vos resulte útil.

xoves, 25 de marzo de 2021

CANCIÓN "EU QUERO SER UNHA ÁRBORE"

 

     Aquí vos deixamos a canción "Eu quero ser unha árbore" coa que o CEIP Otero Novas de Cortegada gañou o primeiro premio do certame "Quero cantar". Pensamos que pode ser útil para traballar o día da árbore.

 

VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA


 

mércores, 17 de febreiro de 2021

VIDA DE ROSALÍA DE CASTRO Draw My Life

Nesta entrada poderedes acceder a un DRAW MY LIFE coa vida de Rosalía de Castro narrado por unha alumna do colexio Ourensán San Pio X.

 Esperamos que o disfrutedes.

GENIALLY ROSALÍA DE CASTRO

Aquí vos deixamos un Genially sobre a vida de Rosalía de Castro realizado por varios centro de ensino de Galicia para conmemorar o día da autora galega (24 de Febreiro).

     Esperamos que vos guste.

luns, 8 de febreiro de 2021

O ENTROIDO EN GALICIA

 Desta volta deixámosvos unha entrada fantastica do blog de audición e linguaxe do CRA de Abegondo sobre o ENTROIDO EN GALICIA.

                  ENTROIDO

 

     Esperamos que a disfrutedes e BO ENTROIDO!!!.


mércores, 20 de xaneiro de 2021

CANCIÓN DÍA DA PAZ 2021

     Aquí vos deixamos o vídeo da canción "QUÉROTE MÁIS"  do grupo musical O SONORO MAXÍN. Elixida para conmemorar o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ neste curso escolar 2020 2021 no noso centro educativo.

                               Imaxe Paz

         Esperamos que vos guste.