xoves, 29 de abril de 2021

BRINCADEIRAS DA LINGUA

     Deste volta deixámosvos unha lista de reproducción con divertidos programas audiovisuais realizados por Migallas teatro que teñen como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados infantís que existen na lingua galega.



     E.... o dito, a gozar coa lingua. cos xogos e cos pequenos e pequenas.

xoves, 22 de abril de 2021

XELA ARIAS - LETRAS GALEGAS 2021

Aquí vos deixamos os materiais elaborados polo Seminario Galán en torno á figura de Xela Arias.
A gozar con eles.

VIDA E OBRA DE XELA ARIAS - LETRAS GALEGAS 2021

Aquí vos deixamos un vídeo elaborado polo colexio San Pio X de Ourense en colaboración co Seminario Galán no que se fai un repaso da vida e obra de Xela Arias, autora homenaxeada no día das Letras Galegas 2021. Esperamos que vos resulte útil.