xoves, 10 de xuño de 2021

REVISTA ESCOLAR "A BUXAINA" CURSO 2020 21

     Aquí vos deixamos a edición dixital da Revista escolar "A Buxaina". Como ben sabedes está elaborada cos traballos realizados polo alumnado ao longo deste curso escolar 2020 21.


mércores, 2 de xuño de 2021

MURAIS XELA ARIAS - LETRAS GALEGAS 2021

     Na semana das LETRAS GALEGAS, as aulas de Educación infantil do centro elaboraron cadanseu mural coa imaxe de Xela Arias para recordar a figura da poeta galega.

     Se premedes no seguinte debuxo da autora elaborado por un alumno do centro accederedes a unha galería de CÓDIGOS QR baixo os que están aloxados os distintos murais de cada aula (para ver os murais só tedes que escanealos cun dispositivo móbil e seguir o enlace).

                         Debuxo Xela

 

 

     Seguro que vos parecen verdadeiras obras de arte.

NON TE AMOLA!

     Nas datas previas ao día das Letras Galegas traballamos nas aulas o libro inédito de Xela Arias "NON TE AMOLA!" publicado pola editorial Galaxia. Cada unha das aulas de educación primaria do centro reilustrou (no orixinal ilustrados por Luz Beloso) un capìtulo do libro e fixo un resumo do mesmo... 

     Así quedou a nosa adaptación de "NON TE AMOLA!".

 


 
     Tamén podedes acceder aos distintos capitulos de libro de maneira individual a través da seguinte galería de CÓDIGOS QR (só tedes que escanealos cun dispositivo móbil e seguir o enlace).
     Esperamos que vos agrade.