luns, 21 de decembro de 2020

GUÍA DE XOGOS E XOGUETES PARA A IGUALDADE

     Agora que se acercan estas festas cheas de agasallos para os máis pequenos e pequenas queremos compartir con vós unha guía elaborada alá polo ano 2017 polos compañeiros e compañeiras do CEIP Xesús San Luis Romero. Esperamos que vos sexa útil.

              

         BOAS FESTAS E MOITA CAUTELA!!!!.


martes, 1 de decembro de 2020

NADAL 2020 - VÍDEOS

Agora achegámosvos dous vídeos de temática propia do Nadal:

  • En primeiro lugar unha divertida panxoliña do Xabarín e da súa Xababanda. A letra da canción está apoiada con Pictogramas de ARASAAC para que, se vos parece boa idea, a poidades utilizar polo día da Discapacidade que xa pronto chega.

                            

 

 

  • En segundo e último lugar tamén vos deixamos un divertido episodio dos Bolecas titulado: "PANXOLIÑAS ACATARRADAS". Para rir un anaco...

                               Bolechas

NADAL 2020 - XOGO LIM

     Xa está moi preto o Nadal!!! e... por iso vos deixamos un divertido xogo Lim para traballar o vocabulario propio destas festas.

     Esperamos que sexa do voso agrado.