venres, 26 de novembro de 2021

3 DE DECEMBRO - OS BOLECHAS E A INTEGRACIÓN

     Nesta entrada deixámosvos un capítulo de "Os Bolechas" no que reflexionan sobre a importancia da integración das persoas con diversidade funcional.

 

     Esperamos que sexa do voso agrado.

martes, 23 de novembro de 2021

VÍDEO CONTO "MARUXA" - 25N

      Deixámovos desta volta o vídeo conto "Maruxa". Nesta versión de vídeo, o conto ven acompañado dunha canción de Almudena Janeiro.

      

     No arquivo adxunto podedes atopar unha ficha didáctica sobre o propio conto.

     Esperamos que vos sexa de utilidade para traballar o 25 de Novembro.

martes, 16 de novembro de 2021

DÍA MUNDIAL DO NENO E DA NENA

Aquí vos deixamos un Slideshare cos dereitos dos nenos e nenas elaborado pola biblioteca do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro-Vivero. Esperamos que lle saquedes proveito.

venres, 5 de novembro de 2021

O RAP DO MAGOSTO

Desta volta penduramos un video coa canción titulado "O rap do Magosto". O autor da canción é o cantante galego Paco Nogueiras. A cantar e bailar se parar!!!!.

MAGOSTO - "HISTORIA DA CASTAÑA"

Aquí vos deixamos a historia da castaña en doce viñetas contada polo alumnado do CEP de Ventín. Esperamos que vos guste.

martes, 2 de novembro de 2021

EXPOSICIÓN DE CABAZAS DE SAMAÍN 2021

     Aquí vos deixamos a exposición de cabazas realizada no centro para conmemorar o Samaín 2021. 

     As cabazas foron realizadas polo alumnado e as súas familias e todas elas levaban unha palabra, frase ou refrán en galego en relación a esta festa.