martes, 17 de xaneiro de 2017

Baile da Paz - Mamá Cabra

A canción para o Día da Paz, o 30 de xaneiro de 2017, será "Baile da Paz" do grupo Mamá Cabra.

Podedes aprender a letra con estes pictogramas realizados polo CEIP A Gándara de Monforte:



Aquí, unha coreografía:


luns, 16 de xaneiro de 2017

A moda. En galego, porfa!

Para darlle máis visibilidade á campaña do curso pasado "En galego, porfa!", dedicada ao mundo da moda, o alumnado de 5º de Primaria elaborou uns murais sobre o tema.







Nesta galería haberá máis fotos...