sábado, 22 de outubro de 2016

San Martiño - O Magosto

O ENDL quere compartir un documento que recolle material que podería ser axeitado para a celebración do Magosto que, na nosa cidade, coincide co seu patrón, San Martiño de Tours. Nel incluímos a lenda do San Martiño, iconografía de San Martiño de Tours en Ourense, o magosto e a castaña e unha escolma de ligazóns a recursos interesantes.

Pódese ollar, imprimir e/ou descargar premendo na imaxe:

san_martinho

Dúas actividades máis como complemento das anteriores:

domingo, 16 de outubro de 2016

V Concurso-Exposición de Fotografía - Navegamos no País dos mil ríos e os dous mares

A ANPA e o ENDL do CEIP de PRÁCTICAS convocan o V CONCURSO- EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA coas seguintes bases:

· Tema: “Navegamos no País dos mil ríos e os dous mares

· Para toda a comunidade educativa (alumnado, nais/pais, profesorado, persoal non docente).

· Formato: foto con pé de imaxe en galego (versos, prosa, slogan) coladas sobre cartolina ou cartón pluma enviando, ademais, copia dixital da mesma a endlpracticasourense@gmail.com .

· Debe levar un título e figurar o nome do lugar. Todas levarán nome, apelidos e curso do autor/a (No caso de nais e pais, debe aparecer igualmente o nome do/a neno/a e curso no que está).

· Membros do xurado: 1 membro da ANPA, 1 profesor-a do ENDL, 1 membro do Equipo Directivo do centro.

· Haberá agasallos para as mellores.

· Entregar no colexio antes do 31 de xaneiro de 2017.

· Farase unha exposición coas fotografías presentadas e un audiovisual coas fotografías entregadas no enderezo de correo-e, que logo pasarán a ser propiedade do centro para posteriores usos se for o caso (exposicións, traballos,etc)

Agradecemos a vosa participación.

Ourense, 11 de outubro de 2016.