mércores, 18 de xaneiro de 2023

CANCIÓN PAZ 2023

     Aquí vos deixamos a "nosa" canción para conmemorar a PAZ neste ano 2023. Cantarémola, bailarémola e vivirémola tan intensamente como poidamos para desa maneira enviar a nosa mensaxe de PAZ ao mundo enteiro.


       Facendo clic na seguinte imaxe poderedes descargar a letra da canción en formato pictogramas.
       Esperamos que vos guste.


mércores, 11 de xaneiro de 2023

MOSTRA DE POSTAIS GAÑADORAS "FELICITA EN GALEGO 2022"

     Aquí podedes ver a mostra/exposición de postais gañadoras de cada unha das aulas do centro no concurso "FELICITA EN GALEGO 2022" convocado polo equipo de dinamización da lingua Galega neste Nadal.


     Moitas grazas pola vosa participación e BO NADAL.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2022

     Aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras para este tempo de Nadal 2022. Podedes atopar todos os títulos na biblioteca do centro na sección de novidades.



EXPOSICIÓN OUTONO-SAMAÍN 2022

Aquí vos deixamos unha galería coas fotos da exposición de OUTONO-SAMAÍN realizada cos traballos elaborados polas familias. Como podedes ver, as composicións con froitos secos e elementos propios do outono son FANTÁSTICAS. Podedes acceder á galería premendo na seguinte fotomontaxe.
MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.