martes, 20 de novembro de 2018

Día contra a violencia de xénero

O domingo, 25 de novembro, celébrase o Día contra a violencia de xénero. Presentamos dous vídeos que poderían ser interesantes:

Versión do IES de Dodro sobre a canción "Chea de vida" de Pachi García
Curtametraxe realizada no IES de Barro, "Xa non quedan margaridas"

domingo, 14 de outubro de 2018

Samaín 2018

Aquí tedes unha serie de recursos para traballar arredor do Samaín:

  • A bruxa regañadentes.


  • Conto: Corre, corre, Cabaciña.


  • Canción: Corre, corre, Cabaciña.


  • Os Bolechas: Que medo!

Podedes atopar máis recursos na sección Samaín que aparece na marxe dereita da pantalla no apartado "ETIQUETAS" ou premendo aquí.

xoves, 7 de xuño de 2018

A Buxaina 2018

A Buxaina 2018, revista recén saída do "forno" á disposición da comunidade educativa.

 

sábado, 19 de maio de 2018

Anexiña perdeuse no souto

Presentamos o conto colectivo "Anexiña perdeuse no souto" realizado pola totalidade do alumnado do centro desde Infantil ata sexto de Primaria.
Iniciouse no mes de outono e rematouse para a Semana das letras Galegas.
O exemplar único está na entrada da Biblioteca, a disposición de todos e todas.
Ofrecémoslles un vídeo sobre o conto, con locución do alumnado.

mércores, 16 de maio de 2018

Entrega de premios Concurso "No país do pan"

Na Semana das Letras Galegas, ademais das actividades que nos diferentes cursos se desenvolveron arredor da conmemoración e da autora María Victoria Moreno, tiveron lugar outras actividades:

Exposición de carteis sobre a escritora:

Entrega de premios ás familias gañadoras do concurso de fotografía convocado polo ENDL titulado "No país do pan". Aquí tedes as fotos...

 

luns, 14 de maio de 2018

Correlingua 2018

Chegou maio, e con el, o Correlingua. Baixo o lema "A lingua non para, por iso... fai do galego o teu deporte", o alumnado de terceiro de Primaria participou na edición deste ano elaborando unha fermosa pancarta e participando nas actividades da Praza Maior, camiñando polas rúas do centro da cidade e no Auditorio Municipal, onde leron, estupendamente, o seu manisfesto en defensa do uso da nosa lingua.

Unhas fotiños...

Máis fotos, na galería...

venres, 6 de abril de 2018

Recursos para o Día das Letras Galegas - María Victoria Moreno

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado á escritora María Victoria Moreno. Algúns recursos para desenvolver na aula:
Outros recursos:
Vida e obra:
 

 Unha canción:
 

Os Bolechas tamén se apuntan...




luns, 5 de marzo de 2018

Recursos para o Día da Muller

O día 8 de marzo celebramos o Día da Muller.Aquí tedes algúns recursos para tirarlle partido:
O país dos mandóns:


O libro dos porcos:



A Muller traballadora en Galicia

Día de Rosalía

O venres 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. Ademais de realizar diferentes actividades sobre a escritora, traballamos sobre o poema 16 de "Cantares Gallegos". Varios compañeiros recitaron para todo o colexio a poesía. Podedes disfrutar dun anaquiño aquí.

Para abrir as ventás ao galego cubrimos os cristais das fiestras con debuxos de Rosalía decorados, ao xeito da arte pop, por todos e todas nós.

Aquí tedes unha pequena mostra:















Algunhas fotos máis nesta galería...

luns, 19 de febreiro de 2018

Recursos Día de Rosalía

Algúns recursos na rede sobre Rosalía de Castro:
 
  • Dous poemas recitados:
 
  • O Moucho

domingo, 18 de febreiro de 2018

Poema O Moucho - Rosalía de Castro

Poema 16 de Cantares Gallegos

Eu ben vin estar o moucho 
enriba daquel penedo: 
¡Non che teño medo, moucho, 
moucho, non che teño medo! 

Unha noite, noite negra,
como os pesares que eu teño,
noite filla das sombrisas
alas que estenden os medos;
hora en que cantan os galos,
hora en que xemen os ventos,
en que as meigas bailan, bailan,
xuntas co demo pirmeiro,
arrincando verdes robres,
portas e tellas fendendo,
todas de branco vestidas,
tendido los brancos pelos,
contra quen os cans oubean
agoirando triste enterro;
cando relumbrar se miran
antre os toxales espesos,
cal encendidas candeas
ollos de lobo famento,
e os ramallaxes dos montes
antre sí murmuxan quedos,
e as follas secas que espallan
os aires da noite inquietos,
en remuíños se xuntan
con longo estremecemento;
indo camiño da Igrexa,
soia cos meus pensamentos,
cabo da fonte da Virxe,
pretiño do cimeterio,
dempois de sentir un sopro
que me deixou sin alento,
eu ben vin estar o moucho
enriba daquel penedo.

Arrepuiñadas todas
as carnes se me puñeron,
e os cabelos no curuto
fóronse erguendo direitos;
gotas de sudor corrían
a fío polo meu peito,
e trembaba como tremban
as auguas cando fai vento,
na pía da fonte nova,
que sempre está revertendo.
Aquel moucho alí fincado,
cal si fose o mesmo demo,
fito a fito me miraba
cos seus ollos rapiñeiros,
que coidei que me roubaban
non máis que de lonxe velos.
De lume me paresían
e que me queimaron penso;
penso que eran tizós roxos
da fogueira dos infernos,
que polas niñas me entraron
hastra o corazón dereitos.
En el remorsos había
de amoriños pecadentos...
¡Ai, quen ten deses amores
non pode achar bon sosiego!
Chovía si Dios ten augua,
ventaba en tódolos ventos,
e ensarrapicada toda
a camiñar non me atrevo,
que o moucho, fita que fita,
me aspera naquel penedo.
Mais acordeime da Virxe
que sempre conmigo levo,
résolle un Ave-María,
e cobrando novo alento,
como os páxaros do mare,
nadando paso o regueiro;
corro a enriba do valado,
brinco en baixo do portelo,
e dende alí berro estonces
con cantas forzas eu teño:
¡Non che teño medo, moucho, 
moucho, non che teño medo! 

Vídeo:

venres, 16 de febreiro de 2018

Somos Escola Amiga da Festa da Pita 2018

O pasado venres 26 de xaneiro, un membro da organización da Festa da Pita de Eiroás realizou unha amena presentación sobre a festa do Entroido, os diferentes entroidos da provincia e de Galicia e explicou polo miúdo a orixe e as tradicións que vivien en Eiroás co gallo da Festa da Pita.
Como escola amiga da festa, deixounos unhas olas para que o alumnado de sexto de Primaria as decore e poidan ser empregadas no xogo das olas do "Domingo Oleiro", que se celebrará o día 4 de febreiro; celebración á que estamos invitados.
O venres día 2 de xaneiro, ás 12h. recibiremos a visita das Pitas que virán recoller as olas e entregarnos o diploma de escola amiga da festa.
Aquí tedes algunhas fotos do proceso de decoración e o resultado final. Moitas máis fotos están nesta galería.