xoves, 26 de novembro de 2015

Magosto en Infantil

O pasado martes 10 de novembro celebramos o Magosto.

Os preparativos da festa...

A festa...

Plantando a castaña salvada que non vai ao lume e que, co tempo, será un fermoso castiñeiro.

O mural por partes...

O mural completo...

 

Podedes ver máis foto premendo nesta ligazón.

 

 

 

 

martes, 24 de novembro de 2015

Samaín 2015

Os alumnos de Educación infantil (5 anos) están entusiasmados facendo o seu traballo de Samaín. Ooooh! Que sorpresa! Un castelo de onde saen pantasmas, morcegos... e unha cabaza que parece que ten vida.
Os esqueletes que trouxeron da casa son os mellores do mundo... Estas mamás... canto traballan na casa! Moitas grazas!







Podedes ver moitas máis fotos nesta galería.

O outono

Estamos no outono

os paxaros marchan xa,

o día é máis curto

e o frío vai chegar.

 

Estamos no outono

as follas van ao chan

temos unha alfombra de follas

para xogar e pisar.

Estas e máis fotos nesta galería.

domingo, 15 de novembro de 2015

Que ocorre na terra? Antón García Teijeiro - Paco Ibañez

O cantautor Paco Ibáñez musicou o poema "Que ocorre na terra?" que pertence ao libro "Paseniño, paseniño" do poeta Antón García Teijeiro.
Podemos escoitalo neste vídeo, unha montaxe realizada a partir dun programa de radio da Cadena Ser.







martes, 10 de novembro de 2015

IV Concurso de Fotografía - A árbore no País dos bosques

A ANPA e o ENDL do CEIP de PRÁCTICAS convocan o IV CONCURSO- EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA coas seguintes bases:
•Tema:"A árbore no País dos bosques"
•Para toda a comunidade educativa (alumnado, nais/pais, profesorado, persoal non docente).
•Formato: foto con pé de imaxe en galego (versos, prosa, slogan) coladas sobre cartolina ou cartón pluma. Agradécese que ademais dos traballos en soporte papel, nos envíen copia dixital premendo aquí para posterior realización de AV que se colgará na web do centro.
•Debe levar un título e figurar o nome do lugar. Todas levarán nome, apelidos e curso dou autor/a (No caso de nais e pais, debe aparecer igualmente o nome do/a neno/a e curso no que está).
•Membros do xurado: 1 membro da ANPA, 1 profesor-a do ENDL, 1 membro do Equipo Directivo do centro.
•Haberá agasallos para as mellores.
•Entregar no colexio antes do 30 de marzo de 2016.
•Farase unha exposición coas fotografías presentadas.