domingo, 15 de novembro de 2015

Que ocorre na terra? Antón García Teijeiro - Paco Ibañez

O cantautor Paco Ibáñez musicou o poema "Que ocorre na terra?" que pertence ao libro "Paseniño, paseniño" do poeta Antón García Teijeiro.
Podemos escoitalo neste vídeo, unha montaxe realizada a partir dun programa de radio da Cadena Ser.









Non hai follas verdes/ nin perlas no mar/ area na praia/ nin ondas de sal.

Xa non funga o vento/ nin voa o pardal./ As flores non medran/ nin quenta o verán.

As árbores perden/ as pólas sen máis/ e nos amenceres/ o sol non está.

As nubes no ceo/ están a falar/ e a lúa na noite/ non quere alumar.

Que ocorre na terra? / Que ocorre, rapaz?/ Se son pesadelos/ eu quero espertar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario