luns, 2 de decembro de 2019

luns, 18 de novembro de 2019

luns, 4 de novembro de 2019

Unha canción para celebrar o magosto. Vén do CEIP Antonio Fernández López.

Un baile:

A letra da canción:

luns, 17 de xuño de 2019

Concurso fotográfico Animais de Galicia no País do Gando - 2018-2019

Durante o presente curso tivo lugar o concurso de fotografía organizado polo ENDL do noso centro coa colaboración do alumnado e das súas familias.
O tema escollido para o 2018-2019 foi Animais de Galicia no País do gando.
Un vista xeral da exposición:

As finalistas:


A entrega do premio á gañadora coa foto ao fondo:

Todas as fotos, a maior tamaño, nesta galería.

xoves, 30 de maio de 2019

Receita da torta de castañas

Vídeo realizado dentro do programa En galego, porfa. Este curso as actividades centráronse no vocabulario da cociña.

domingo, 5 de maio de 2019

O casamento do piollo e a pulga

Cantiga recollida por Antonio Fraguas, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019, no "Cantigueiro de Cotobade". O grupo Migallas compuxo esta canción:

martes, 5 de febreiro de 2019

Libro de apócemas. Samaín 2018

Aquí tedes o noso Libro de Apócemas creado durante o outono de 2018, polo Samaín.

Tamén podedes velo a xeito de vídeo.

mércores, 16 de xaneiro de 2019

Canción para o Día da Paz 2019: A muralla

Esta é a canción para o Día da Paz, A muralla:


Pra* facer unha muralla
unamos as mans de todos,
unamos as mans de todos,
os negros as súas mans negras,
os brancos as súas mans brancas.

Unha muralla que vaia
desde a praia ata o monte,
desde a praia ata o monte
desde o monte ata a praia,
alá polo horizonte.

Tun, tun! Quen é?
Unha rosa e un caravel.
Abre a muralla!

Tun, tun! Quen é?
O sabre do coronel.
Cerra a muralla!

Tun, tun! Quen é?
É a pomba do Caurel.
Abre a muralla!

Tun, tun! Quen é?
O alacrán e o cempés.
Cerra a muralla!

Ao corazón dun amigo,
abre a muralla!
Ao veleno e ao puñal,
cerra a muralla!
Ao mirto e ao cecimbre,
abre a muralla!
Ao dente ruín da serpe,
cerra a muralla!
Ao reiseñor sobre a flor,
abre a muralla!