martes, 1 de decembro de 2015

Apertas que voan - Canción para a PAZ






Letra:
Mans brancas e cara negra,
teño os beizos vermellos.
Teño sentimentos novos,
ai, teño sentimentos vellos.

Mans negras e cara branca,
teño o meu peito cheo
de bicos e de sorrisos,
de apertas que voan no vento.

Porque ti es o meu amigo,
porque nos levamos ben,
porque ti es o meu amigo,
distinto e igual á vez.


Porque ti es a miña amiga,
porque nos levamos ben,
porque ti es a miña amiga,
distinta e igual á vez. (Retrouso)

Eu non quero ver fronteiras,
sempre me poño a pensar
en deixar a xanela aberta,
así pode entrar o ar.

Pintar o vento de cores,
deixar as palabras medrar
sen dar máis razoamentos
e así poder cantar.

(Retrouso)

Un camiño faise a pasiños,
un pasiño comigo has de dar,
ha de ser un camiño bonito
se imos xuntiños da man.

Non hai grandes nin pequenos,
e de feros non imos falar,
dáme unha man, compañeira,
que pouco nos ha de importar.

(Retrouso) (3 veces)

xoves, 26 de novembro de 2015

Magosto en Infantil

O pasado martes 10 de novembro celebramos o Magosto.

Os preparativos da festa...

A festa...

Plantando a castaña salvada que non vai ao lume e que, co tempo, será un fermoso castiñeiro.

O mural por partes...

O mural completo...

 

Podedes ver máis foto premendo nesta ligazón.

 

 

 

 

martes, 24 de novembro de 2015

Samaín 2015

Os alumnos de Educación infantil (5 anos) están entusiasmados facendo o seu traballo de Samaín. Ooooh! Que sorpresa! Un castelo de onde saen pantasmas, morcegos... e unha cabaza que parece que ten vida.
Os esqueletes que trouxeron da casa son os mellores do mundo... Estas mamás... canto traballan na casa! Moitas grazas!







Podedes ver moitas máis fotos nesta galería.

O outono

Estamos no outono

os paxaros marchan xa,

o día é máis curto

e o frío vai chegar.

 

Estamos no outono

as follas van ao chan

temos unha alfombra de follas

para xogar e pisar.

Estas e máis fotos nesta galería.

domingo, 15 de novembro de 2015

Que ocorre na terra? Antón García Teijeiro - Paco Ibañez

O cantautor Paco Ibáñez musicou o poema "Que ocorre na terra?" que pertence ao libro "Paseniño, paseniño" do poeta Antón García Teijeiro.
Podemos escoitalo neste vídeo, unha montaxe realizada a partir dun programa de radio da Cadena Ser.







martes, 10 de novembro de 2015

IV Concurso de Fotografía - A árbore no País dos bosques

A ANPA e o ENDL do CEIP de PRÁCTICAS convocan o IV CONCURSO- EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA coas seguintes bases:
•Tema:"A árbore no País dos bosques"
•Para toda a comunidade educativa (alumnado, nais/pais, profesorado, persoal non docente).
•Formato: foto con pé de imaxe en galego (versos, prosa, slogan) coladas sobre cartolina ou cartón pluma. Agradécese que ademais dos traballos en soporte papel, nos envíen copia dixital premendo aquí para posterior realización de AV que se colgará na web do centro.
•Debe levar un título e figurar o nome do lugar. Todas levarán nome, apelidos e curso dou autor/a (No caso de nais e pais, debe aparecer igualmente o nome do/a neno/a e curso no que está).
•Membros do xurado: 1 membro da ANPA, 1 profesor-a do ENDL, 1 membro do Equipo Directivo do centro.
•Haberá agasallos para as mellores.
•Entregar no colexio antes do 30 de marzo de 2016.
•Farase unha exposición coas fotografías presentadas.

martes, 20 de outubro de 2015

A princesa María e o dragón Lume

Érase unha vez un dragón mediano de cor verde e ollos saltóns que vivía nunha cova cerca do castelo da fermosa princesa María.

Lume, o dragón, coidaba da princesa pois no bosque vivía unha bruxa que se adicaba a facer apócemas con pompas de xabón para converter á xente en sapos.

Un día, a princesa saíu a pasear acompañada polo dragón e, na Lagoa de Antela atopou un sapo que tiña unha coroa na cabeza. Ela deulle un bico e apareceu un aposto príncipe que a convidou a dar un paseo.

Mentres paseaban, Lume atopouse cunha velliña que lle ofreceu unha pompa de caramelo. Cando lume lle deu unha dentada quedou atrapado dentro da burbulla.

Axiña o príncipe decatouse da trampa da bruxa Pócemas e sacando a súa espada rompeu a burbulla e Lume saíu todo asustado.

Pócemas quixo pelexar co príncipe pero el encerrouna nunha pompa de lume.

E colorín, colorado, este conto está rematado.

 




mércores, 14 de outubro de 2015

Blog colaborativo Arredor de Manuel María

Co gallo da conmemoración das Letras Galegas 2016, que estará adicado ao poeta Manuel María, o CPI Luís Moreno Díaz de Baralla (Lugo), creou, coordinado polo ENDL, un blog colaborativo chamado Arredor de Manuel María. Pódense enviar traballos e investigacións.

arredor-MM

 

domingo, 21 de xuño de 2015

Animación á lectura en Infantil

Para ir rematando o curso en Infantil, organizouse unha actividade de animación á lectura cunha sesión de contacontos. Ollade o atentos que están!

 

luns, 1 de xuño de 2015

O verde no País da chuvia

Vídeo con algunhas das fotos participantes no III Concurso de fotografía O Verde no País da chuvia organizado polo ENDL do CEIP Prácticas de Ourense.

Queremos agradecer á comunidade educativa do noso centro a súa participación e darlle os parabéns pola calidade dos traballos presentados.





xoves, 28 de maio de 2015

En galego, porfa. No colexio

En galego, porfa! está adicado ao vocabulario dos diferentes materiais que se empregan no colexio.

 







 

Material complementario aquí:

engalegoporfa2

mércores, 27 de maio de 2015

mércores, 20 de maio de 2015

Filgueira Valverde en Infantil - Letras Galegas 2015

Xosé Filgueira Valverde foi o protagonista do traballo do alumnado de Infantil de 4 anos B1 durante a semana das Letras Galegas. Aquí está a mostra...

 

 

Máis fotografías nesta galería...

 

xoves, 30 de abril de 2015

Día do libro en Quinto de Infantil

O 23 de Abril celebramos o "Día do Libro" e os alumnos de quinto de Educación Infantil ilustramos o noso basado nun poema que Xosé María Alvarez Blázquez lle adicou aos animais.

 

Pódense ver máis fotos na galería.