mércores, 19 de decembro de 2012

Felicitación de Nadal

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP Prácticas de Ourense deséxavos...
apalpador


... e FELIZ 2013 para todos e todas.

Reportaxe fotográfica sobre RecitandoCelsoEmilio

O día 12-12-2012 celebramos o acto RecitandoCelsoEmilio. Aquí tedes algunhas fotos do evento. Podedes ver máis fotografías nesta galería.









Recitando a Celso Emilio - O acto

O día 12-12-2012 celebramos o acto RecitandoCelsoEmilio. Aquí tedes algunhas fotos do evento.









martes, 11 de decembro de 2012

RecitandoCelsoEmilio

O alumnado do CEIP Prácticas participará no acto RECITANDOCELSOEMILIO que se organiza á vez en moitos centros de Galicia o mércores 12-12-2012 ás 12 para conmemorar os 100 anos do nacemento do poeta de Celanova Celso Emilio Ferreiro:

1º.- Recitado en común do poema Deitado fronte ao mar do libro Longa noite de pedra

2º.- Apertura de cartaces e solta de globos.

3º.- Interpretación do Himno galego.

[caption id="" align="alignleft" width="220"] Celso Emilio Ferreiro[/caption]

luns, 3 de decembro de 2012

Exposición "Ser lingua non é fácil"

Visita a Exposición que temos estes días no noso cole que leva por título “Ser lingua non é fácil”. Linguas que hoxe son recoñecidas e importantes, tiveron momentos críticos na súa historia. Se non os tivesen superado, hoxe non serían o que son. Foi o que pasou co inglés en Inglaterra, co portugués en Portugal, co italiano en Italia, co español en Porto Rico, co francés no Quebeque, co alemán na Alsacia e co holandés en Flandres.

Foto exposición

Foto exposición

Foto exposición

xoves, 15 de novembro de 2012

Chegou o outono

Chegou o outono!!!! O CEIP  de Prácticas encheuse de poesías,

de murais e de todo tipo de traballos feitos con tal motivo. Ollade con atención.








Traballamos un poema de Antonio García Teijeiro:


Vanse, vanse as andoriñas


voan, voan sen parar,


na procura doutras terras,


máis aló, aló do mar.


Todas xuntas, pequechiñas,


todas xuntas e da man


sucan ceos de colores


andoriñas de cristal.




mércores, 31 de outubro de 2012

Chegou o Samaín 2012

Que medo!!! Hoxe chegamos ao cole e estaba cheo de morcegos, arañas, vampiros, meigas, cabazas, momias, esqueletos, monstros... Sabedes??? Era a festa de SAMAÍN. Ollade con nós!!! Podes ver máis fotos na galería de fotos de Samaín.





domingo, 28 de outubro de 2012

Eu Falarei

EU FALAREI, con música do "I will survive" de Gloria Gaynor, e cunha letra escrita polo EDLG de Chapela, é un canto de amor en defensa da Lingua Galega, mais tamén é unha denuncia da situación que vive un idioma que esmorece lentamente vendo recortada a súa presenza nos medios de comunicación ou na propia escola, e que día a día perde falantes entre a xente nova.





As linguas suman

Tríptico da CGENDL dirixido ás familias do alumnado. Consúltao.
Ligazón