mércores, 16 de xaneiro de 2019

Canción para o Día da Paz 2019: A muralla

Esta é a canción para o Día da Paz, A muralla:


Pra* facer unha muralla
unamos as mans de todos,
unamos as mans de todos,
os negros as súas mans negras,
os brancos as súas mans brancas.

Unha muralla que vaia
desde a praia ata o monte,
desde a praia ata o monte
desde o monte ata a praia,
alá polo horizonte.

Tun, tun! Quen é?
Unha rosa e un caravel.
Abre a muralla!

Tun, tun! Quen é?
O sabre do coronel.
Cerra a muralla!

Tun, tun! Quen é?
É a pomba do Caurel.
Abre a muralla!

Tun, tun! Quen é?
O alacrán e o cempés.
Cerra a muralla!

Ao corazón dun amigo,
abre a muralla!
Ao veleno e ao puñal,
cerra a muralla!
Ao mirto e ao cecimbre,
abre a muralla!
Ao dente ruín da serpe,
cerra a muralla!
Ao reiseñor sobre a flor,
abre a muralla!