martes, 20 de outubro de 2015

A princesa María e o dragón Lume

Érase unha vez un dragón mediano de cor verde e ollos saltóns que vivía nunha cova cerca do castelo da fermosa princesa María.

Lume, o dragón, coidaba da princesa pois no bosque vivía unha bruxa que se adicaba a facer apócemas con pompas de xabón para converter á xente en sapos.

Un día, a princesa saíu a pasear acompañada polo dragón e, na Lagoa de Antela atopou un sapo que tiña unha coroa na cabeza. Ela deulle un bico e apareceu un aposto príncipe que a convidou a dar un paseo.

Mentres paseaban, Lume atopouse cunha velliña que lle ofreceu unha pompa de caramelo. Cando lume lle deu unha dentada quedou atrapado dentro da burbulla.

Axiña o príncipe decatouse da trampa da bruxa Pócemas e sacando a súa espada rompeu a burbulla e Lume saíu todo asustado.

Pócemas quixo pelexar co príncipe pero el encerrouna nunha pompa de lume.

E colorín, colorado, este conto está rematado.

 




mércores, 14 de outubro de 2015

Blog colaborativo Arredor de Manuel María

Co gallo da conmemoración das Letras Galegas 2016, que estará adicado ao poeta Manuel María, o CPI Luís Moreno Díaz de Baralla (Lugo), creou, coordinado polo ENDL, un blog colaborativo chamado Arredor de Manuel María. Pódense enviar traballos e investigacións.

arredor-MM