mércores, 19 de decembro de 2012

Felicitación de Nadal

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP Prácticas de Ourense deséxavos...
apalpador


... e FELIZ 2013 para todos e todas.

Reportaxe fotográfica sobre RecitandoCelsoEmilio

O día 12-12-2012 celebramos o acto RecitandoCelsoEmilio. Aquí tedes algunhas fotos do evento. Podedes ver máis fotografías nesta galería.









Recitando a Celso Emilio - O acto

O día 12-12-2012 celebramos o acto RecitandoCelsoEmilio. Aquí tedes algunhas fotos do evento.









martes, 11 de decembro de 2012

RecitandoCelsoEmilio

O alumnado do CEIP Prácticas participará no acto RECITANDOCELSOEMILIO que se organiza á vez en moitos centros de Galicia o mércores 12-12-2012 ás 12 para conmemorar os 100 anos do nacemento do poeta de Celanova Celso Emilio Ferreiro:

1º.- Recitado en común do poema Deitado fronte ao mar do libro Longa noite de pedra

2º.- Apertura de cartaces e solta de globos.

3º.- Interpretación do Himno galego.

[caption id="" align="alignleft" width="220"] Celso Emilio Ferreiro[/caption]

luns, 3 de decembro de 2012

Exposición "Ser lingua non é fácil"

Visita a Exposición que temos estes días no noso cole que leva por título “Ser lingua non é fácil”. Linguas que hoxe son recoñecidas e importantes, tiveron momentos críticos na súa historia. Se non os tivesen superado, hoxe non serían o que son. Foi o que pasou co inglés en Inglaterra, co portugués en Portugal, co italiano en Italia, co español en Porto Rico, co francés no Quebeque, co alemán na Alsacia e co holandés en Flandres.

Foto exposición

Foto exposición

Foto exposición