sábado, 19 de maio de 2018

Anexiña perdeuse no souto

Presentamos o conto colectivo "Anexiña perdeuse no souto" realizado pola totalidade do alumnado do centro desde Infantil ata sexto de Primaria.
Iniciouse no mes de outono e rematouse para a Semana das letras Galegas.
O exemplar único está na entrada da Biblioteca, a disposición de todos e todas.
Ofrecémoslles un vídeo sobre o conto, con locución do alumnado.

mércores, 16 de maio de 2018

Entrega de premios Concurso "No país do pan"

Na Semana das Letras Galegas, ademais das actividades que nos diferentes cursos se desenvolveron arredor da conmemoración e da autora María Victoria Moreno, tiveron lugar outras actividades:

Exposición de carteis sobre a escritora:

Entrega de premios ás familias gañadoras do concurso de fotografía convocado polo ENDL titulado "No país do pan". Aquí tedes as fotos...

 

luns, 14 de maio de 2018

Correlingua 2018

Chegou maio, e con el, o Correlingua. Baixo o lema "A lingua non para, por iso... fai do galego o teu deporte", o alumnado de terceiro de Primaria participou na edición deste ano elaborando unha fermosa pancarta e participando nas actividades da Praza Maior, camiñando polas rúas do centro da cidade e no Auditorio Municipal, onde leron, estupendamente, o seu manisfesto en defensa do uso da nosa lingua.

Unhas fotiños...

Máis fotos, na galería...