mércores, 22 de novembro de 2017

O Mercado

O Mercado é unha actividade para aprender e empregar o vocabulario propio dalgunhas tendas e dos produtos que nelas podemos mercar. Premer na imaxe.

domingo, 5 de novembro de 2017

Recursos para o magosto

Algunhas ligazóns para traballar o Magosto:



Tres vídeos ( un conto e dúas cancións):

Conto: A castaña que rebentou de risa

Canción: Tres castañas polo chan

Canción: O Rap do Magosto

xoves, 19 de outubro de 2017

Os personaxes do Conto viaxeiro

Presentamos os oito personaxes que vivirán unha aventura outonal no Conto viaxeiro que o alumnado de Infantil e Primaria do noso colexio está creando.

















 

 

mércores, 24 de maio de 2017

Toponimia 2016-2017

Presentamos unha escolma da toponimia recollida e investigada neste curso. Premer na imaxe.

xoves, 11 de maio de 2017

A Buxaina 17

Publicamos o número 17 da nosa revista, A Buxaina. Premendo na imaxe, podemos pasar un bo anaco co seu contido.

domingo, 7 de maio de 2017

Correlingua 2017

O alumnado de 3º e 4º de Primaria participou, un ano máis, na celebración do Correlingua 2017. Todas as actividades resultaron moi divertidas e interesantes.

Preparando a partida á Praza Maior...

 A presentación dos diferentes colexio participantes...

Exposición de pancartas. A nosa, obtivo o 2º premio.

Logo, os xogos populares...

 

Rematados os xogos, continuamos coa marcha polas rúas de Ourense ata o Auditorio Municipal.

Xa no Auditorio, ademais de presentarnos a todos, escoitamos o manifesto gañador, vimos a banda deseñada e o vídeo gañadores dos concursos. Para rematar, un concerto de rock en galego.


Máis fotos, aquí.

luns, 17 de abril de 2017

Pasapalabra sobre Carlos Casares

O ENDL do Colexio Cardenal Cisneros de Ourense vén de compartir connosco un recurso interactivo, un pasapalabra, sobre Carlos Casares, escritor protagonista do vindeiro Día da Letras Galegas.

pasapalabra

 

venres, 10 de febreiro de 2017

martes, 17 de xaneiro de 2017

Baile da Paz - Mamá Cabra

A canción para o Día da Paz, o 30 de xaneiro de 2017, será "Baile da Paz" do grupo Mamá Cabra.

Podedes aprender a letra con estes pictogramas realizados polo CEIP A Gándara de Monforte:



Aquí, unha coreografía:


luns, 16 de xaneiro de 2017

A moda. En galego, porfa!

Para darlle máis visibilidade á campaña do curso pasado "En galego, porfa!", dedicada ao mundo da moda, o alumnado de 5º de Primaria elaborou uns murais sobre o tema.







Nesta galería haberá máis fotos...