sábado, 22 de outubro de 2016

San Martiño - O Magosto

O ENDL quere compartir un documento que recolle material que podería ser axeitado para a celebración do Magosto que, na nosa cidade, coincide co seu patrón, San Martiño de Tours. Nel incluímos a lenda do San Martiño, iconografía de San Martiño de Tours en Ourense, o magosto e a castaña e unha escolma de ligazóns a recursos interesantes.

Pódese ollar, imprimir e/ou descargar premendo na imaxe:

san_martinho

Dúas actividades máis como complemento das anteriores:

domingo, 16 de outubro de 2016

V Concurso-Exposición de Fotografía - Navegamos no País dos mil ríos e os dous mares

A ANPA e o ENDL do CEIP de PRÁCTICAS convocan o V CONCURSO- EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA coas seguintes bases:

· Tema: “Navegamos no País dos mil ríos e os dous mares

· Para toda a comunidade educativa (alumnado, nais/pais, profesorado, persoal non docente).

· Formato: foto con pé de imaxe en galego (versos, prosa, slogan) coladas sobre cartolina ou cartón pluma enviando, ademais, copia dixital da mesma a endlpracticasourense@gmail.com .

· Debe levar un título e figurar o nome do lugar. Todas levarán nome, apelidos e curso do autor/a (No caso de nais e pais, debe aparecer igualmente o nome do/a neno/a e curso no que está).

· Membros do xurado: 1 membro da ANPA, 1 profesor-a do ENDL, 1 membro do Equipo Directivo do centro.

· Haberá agasallos para as mellores.

· Entregar no colexio antes do 31 de xaneiro de 2017.

· Farase unha exposición coas fotografías presentadas e un audiovisual coas fotografías entregadas no enderezo de correo-e, que logo pasarán a ser propiedade do centro para posteriores usos se for o caso (exposicións, traballos,etc)

Agradecemos a vosa participación.

Ourense, 11 de outubro de 2016.

venres, 15 de xullo de 2016

Anuncios

Se queredes poñer un anuncio de A nosa chave no voso espazo web, aquí tedes dous anuncios para relacionar co noso sitio:
300x77anuncio4

500x130anuncio500

luns, 6 de xuño de 2016

domingo, 5 de xuño de 2016

A Buxaina 2015-2016

O número correspondente a este curso 2015-2016 do xornal escolar A Buxaina vén de seren publicado. Manuel María é o protagonista; tamén as alumnas e os alumnos do noso centro. Premede na imaxe para acceder.

buxaina2016

 

domingo, 29 de maio de 2016

A árbore no país dos bosques - Vídeo

Vídeo "A árbore no país dos bosques" realizado coas fotografías enviadas ao enderezo de correo-e do ENDL Prácticas de Ourense.

mércores, 18 de maio de 2016

En Galego, porfa! A moda - Prendas e complementos de vestir

Novo vídeo da nosa serie En Galego, porfa! Esta vez trata o vocabulario referido á moda, as prendas e complementos de vestir. Os protagonistas son alumnas e alumnos de 4º de Primaria.



Preme na imaxe para acceder ao vocabulario referido a este tema:

a_moda_egpf

 

martes, 17 de maio de 2016

Vídeo-poemas musicados de Manuel María

Aquí tedes tres poemas de Manuel María musicados e animados por diferentes artistas. Premede nas imaxes para ver o vídeos:

A VACA

Preme na imaxe para ver o vídeo

'Uxía e Magin na casa de Manuel María', libro "Canta o cuco". Edita: Galaxia. Colección Sonárbore! Ilustado por Obradoiro de Plástica IES As Barxas - Moaña

A CIDADE

Preme na imaxe para ver o vídeo

'Uxía e Magin na casa de Manuel María', libro "Canta o cuco". Edita: Galaxia. Colección Sonárbore. Ilustado por Obradoiro de Plástica - 1º ESO C - IES As Barxas - Moaña

A REBELIÓN DAS OVELLAS



Poema "Conto de medo" do libro "Rúas do vento ceibe" musicado por Manuel R Crespo.

xoves, 12 de maio de 2016

O Papagaio - Revista infantil

Aquí tedes unha mostra do xornal escolar O Papagaio que estará connosco a partires do vindeiro outono. Preme na imaxe...

Preme na imaxe para ver un exemplar de O Papagaio

martes, 10 de maio de 2016

domingo, 8 de maio de 2016

Correlingua 2016

O 4 de maio de 2016 celebrouse en Ourense o Correlingua. O alumnado de Terceiro de Primaria do noso colexio desenvolveu actividades preparatorias e entre todos e todas elaboraron pancartas para amosar o seu compromiso co galego.

Aquí temos ao grupo preprándose para saír:









Na Praza Maior participaron no concurso de pancartas e houbo diversas actividades lúdico-musicais:







 



Despois realizaron unha andaina polas rúas de Ourense ata o Auditorio Municipal:





No Auditorio asistiron á lectura do manifesto gañador a prol do galego, á proxección do vídeo gañador do concurso e á actuación do grupo de rock Pito de Picasso.





Ao chegaren ao centro colocaron na entrada as pancartas, entre elas a gañadora do segundo premio. Foi unha fermosa festa.

Se queredes ver moitas máis fotos, premede nesta ligazón.

xoves, 7 de abril de 2016

Os legumes - Os contos

Os nenos e nenas do CEIP Prácticas coñeceron os legumes. Decidiron que querían ser o seus amigos e argallaron uns fermosos contos.

Agora teñen un curruncho no noso corazón e no noso cole. Convidámosvos a todos a velos e disfrutalos!

Máis fotos nesta galería...

mércores, 16 de marzo de 2016

sábado, 5 de marzo de 2016

Pintamos a Rosalía

O Día de Rosalía, 24 de febreiro, alumnado de 6º de Infantil debuxou e pintou a Rosalía de Castro. Aquí tedes unha mostra...

Máis debuxos nesta galería...

Día de Rosalía

Para festexar o Día de Rosalía, ademais das actividades que se desenvolveron en cada curso, á mañanciña, nada máis entrar en clase, todo o alumnado de colexio foi recibido coa Alborada de Rosalía de Castro, poema recitado por varios rapaces e rapazas de sexto de Primaria.

rosalia_copia2

Para ambientar este poema escollimos estas dúas músicas:

Música de Carlos Nuñez.

Música de Abe Rábade.

ALBORADA - Rosalía de Castro

Vaite, noite, vai fuxindo;
vente aurora, vente abrindo,
co teu rostro, que, sorrindo,
¡¡¡a sombra espanta!!!

¡Canta, paxariño, canta
de ponliña en ponla,
que o sol se levanta
polo monte verde,
polo verde monte,
alegrando as herbas,
alegrando as fontes!...

¡Canta, paxariño alegre, canta!
¡Canta porque o millo medre, canta!
¡Canta porque a luz te escoite, canta!
¡Canta que fuxeu a noite!

Noite escura
logo ven
e moito dura
co seu manto
de tristura.
Con meigallos
e temores,
agoreira
de dolores,
agarimo
de pesares,
cubridora
en todo mal.
¡Sal...!

Que a auroriña
o ceu colora
cuns arbores
que namora,
cun sembrante
de ouro e prata
teñidiño
de escarlata.
Cuns vestidos
de diamante
que lle borda
o sol amante
antre as ondas
de cristal.

¡Sal...!
señora en todo mal,
que o sol
xa brila
nas cunchiñas do areal;
que a luz
do día
viste a terra de alegría;
que o sol
derrete con amor a escarcha fría.

Branca aurora
ven chegando,
i ás portiñas
vai chamando
dos que dormen
esperando
¡o teu folgor...!

Cor...
de alba hermosa
lles estende
nos vidriños
cariñosa,
donde o sol
tamén suspende,
cando aló
no mar se tende,
de fogax
larada viva,
dempois leve,
fuxitiva,
triste, vago
resprandor.

Cantor
dos aires,
paxariño alegre,
canta,
canta porque o millo medre;
cantor
da aurora,
alegre namorado,
ás meniñas dille
que xa sal o sol dourado;

que o gaiteiro,
ben lavado,
ben vestido,
ben peitado,
da gaitiña
acompañado
¡á porta está...!
¡Xa...!

Se espricando
que te esprica,
repinica,
repinica
na alborada
ben amada
das meniñas
cantadeiras,
bailadoras,
rebuldeiras;
das velliñas
alegriñas;
das que saben
ben ruar.

¡Arriba
todas, rapaciñas do lugar,
que o sol
i a aurora xa vos vén a dispertar!
¡Arriba!
¡Arriba, toleirona mocidad,
que atruxaremos
cantaremos o ala... lá...!!!

 

 

Día da Paz 2016

O 29 de xaneiro celebrouse o Día da Paz Escolar e da Non Violencia.

paz998

Os diferentes ciclos mostraron pancartas que realizaron coa colaboración de todos e todas.







O alumnado de Infantil montou o Tren da Paz...







Alumnado de sexto de Primaria leu un manisfesto pola Paz:



E todos e todas cantamos xuntos a canción "Apertas que voan"...







Moitas máis fotografías pódense ver premendo nesta galería...

 

 

Nadal en Infantil

Posando coas coroas de Reis...

 

Así quedan as decoracións: