sábado, 5 de marzo de 2016

Día de Rosalía

Para festexar o Día de Rosalía, ademais das actividades que se desenvolveron en cada curso, á mañanciña, nada máis entrar en clase, todo o alumnado de colexio foi recibido coa Alborada de Rosalía de Castro, poema recitado por varios rapaces e rapazas de sexto de Primaria.

rosalia_copia2

Para ambientar este poema escollimos estas dúas músicas:

Música de Carlos Nuñez.

Música de Abe Rábade.

ALBORADA - Rosalía de Castro

Vaite, noite, vai fuxindo;
vente aurora, vente abrindo,
co teu rostro, que, sorrindo,
¡¡¡a sombra espanta!!!

¡Canta, paxariño, canta
de ponliña en ponla,
que o sol se levanta
polo monte verde,
polo verde monte,
alegrando as herbas,
alegrando as fontes!...

¡Canta, paxariño alegre, canta!
¡Canta porque o millo medre, canta!
¡Canta porque a luz te escoite, canta!
¡Canta que fuxeu a noite!

Noite escura
logo ven
e moito dura
co seu manto
de tristura.
Con meigallos
e temores,
agoreira
de dolores,
agarimo
de pesares,
cubridora
en todo mal.
¡Sal...!

Que a auroriña
o ceu colora
cuns arbores
que namora,
cun sembrante
de ouro e prata
teñidiño
de escarlata.
Cuns vestidos
de diamante
que lle borda
o sol amante
antre as ondas
de cristal.

¡Sal...!
señora en todo mal,
que o sol
xa brila
nas cunchiñas do areal;
que a luz
do día
viste a terra de alegría;
que o sol
derrete con amor a escarcha fría.

Branca aurora
ven chegando,
i ás portiñas
vai chamando
dos que dormen
esperando
¡o teu folgor...!

Cor...
de alba hermosa
lles estende
nos vidriños
cariñosa,
donde o sol
tamén suspende,
cando aló
no mar se tende,
de fogax
larada viva,
dempois leve,
fuxitiva,
triste, vago
resprandor.

Cantor
dos aires,
paxariño alegre,
canta,
canta porque o millo medre;
cantor
da aurora,
alegre namorado,
ás meniñas dille
que xa sal o sol dourado;

que o gaiteiro,
ben lavado,
ben vestido,
ben peitado,
da gaitiña
acompañado
¡á porta está...!
¡Xa...!

Se espricando
que te esprica,
repinica,
repinica
na alborada
ben amada
das meniñas
cantadeiras,
bailadoras,
rebuldeiras;
das velliñas
alegriñas;
das que saben
ben ruar.

¡Arriba
todas, rapaciñas do lugar,
que o sol
i a aurora xa vos vén a dispertar!
¡Arriba!
¡Arriba, toleirona mocidad,
que atruxaremos
cantaremos o ala... lá...!!!

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario