luns, 21 de decembro de 2020

GUÍA DE XOGOS E XOGUETES PARA A IGUALDADE

     Agora que se acercan estas festas cheas de agasallos para os máis pequenos e pequenas queremos compartir con vós unha guía elaborada alá polo ano 2017 polos compañeiros e compañeiras do CEIP Xesús San Luis Romero. Esperamos que vos sexa útil.

              

         BOAS FESTAS E MOITA CAUTELA!!!!.


martes, 1 de decembro de 2020

NADAL 2020 - VÍDEOS

Agora achegámosvos dous vídeos de temática propia do Nadal:

  • En primeiro lugar unha divertida panxoliña do Xabarín e da súa Xababanda. A letra da canción está apoiada con Pictogramas de ARASAAC para que, se vos parece boa idea, a poidades utilizar polo día da Discapacidade que xa pronto chega.

                            

 

 

  • En segundo e último lugar tamén vos deixamos un divertido episodio dos Bolecas titulado: "PANXOLIÑAS ACATARRADAS". Para rir un anaco...

                               Bolechas

NADAL 2020 - XOGO LIM

     Xa está moi preto o Nadal!!! e... por iso vos deixamos un divertido xogo Lim para traballar o vocabulario propio destas festas.

     Esperamos que sexa do voso agrado.

                       

martes, 3 de novembro de 2020

POEMA PARA O MAGOSTO 2020

 Tamén nos gustaría deixarvos un POEMA, tamén empregado como xogo de nenos e nenas, recollido por MARCIAL VALLADARES para traballar no MAGOSTO 2020: 

POEMA MAGOSTO

XOGOS INTERACTIVOS MAGOSTO 2020

 Desta volta traémosvos uns xogos interactivos para conmemorar o MAGOSTO 2020 como se merece:

 

  • EDILIM MAGOSTO PARA EDUCACIÓN INFANTIL.

  • EDILIM MAGOSTO PARA EDUCACIÓN PRIMARIA.

  • EDILIM OUTONO E MAGOSTO PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMEIROS CURSOS EDUCACIÓN PRIMARIA.

 

      Esperamos que vos AGRADEN.

luns, 26 de outubro de 2020

RECURSOS SAMAÍN 2020

Neste GENIALLY poderedes atopar recursos de abondo para traballar o Samaín nas aulas. Esperamos que vos sexa útil.

 

luns, 19 de outubro de 2020

SAMAÍN 2020 "A CASA DO TERROR"

      Aquí tedes un video musical da canción "A CASA DO TERROR" de Xoan Curiel e a banda do verán. Un tema "TERRORÍÍÍÍÍFICO" para non parar de cantar e bailar.

        

 

SAMAÍN 2020 "A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS"

Aqui vos deixamos un conto de medo, no que o malo é moi malo e... o mellor de todo... acaba "morto" de MEDO.

           

 

 

Tamén vos deixamos un arquivo pdf adxunto coa adaptación deste conto ao teatro por se vos animades a representalo.

mércores, 23 de setembro de 2020

Recursos en lingua galega - ESPECIAL COVID 19

 Aquí vos deixamos o enlace a unha páxina con recursos en lingua galega para esta épcoca de COVID 19.

                     

luns, 29 de xuño de 2020

PARA DESPEDIR O CURSO... UN CONTO QUE VEN MOI A CONTO.

      Deixámosvos un conto que fala dos tempos que corren, das palabras, dos dicionarios, dos significados e dos sentimentos... Esperamos que vos guste. BOAS VACACIÓNS!!!!
                          

mércores, 3 de xuño de 2020

FOTO MURAL VIRTUAL LETRAS GALEGAS 2020

      Invitámosvos a participar na construción dun FOTO MURAL VIRTUAL que recollera a "nosa esencia" do día das Letras galegas.
        Pois ben, aquí podedes ver o resultado final:
                                                                  Foto mural virtual

       Tamén vos deixamos un galería de imaxes coas vosas aportacións no día das Letras Galegas por se preferides ver a "nosa esencia" doutra maneira:

            Imaxe galería fotos

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR.

sábado, 16 de maio de 2020

MÁIS RECURSOS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Aquí vos deixamos maís recursos para conmemorar o Día das LETRAS GALEGAS 2020:

  • En primeiro lugar, a páxina elaborada pola Real Academia Galega dedicada a Don Ricardo Carvalho Calero.
                           Logo Primavera das letras
  • Tamén vos achegamos a páxina creada polo AGAL (Associaçom Galega da Língua),da que Don Ricardo Carvalho Calero era membro de honra, para celebrar esta data.       
               Logo Agal
  • Agora un conto para os máis pequenos e pequenas. Os Bolechas acércannos a Don Ricardo Carvalho Calero.
               Logo Bolechas
  • Por último, non vos esquezades da invitación a participar na elaboración do foto mural virtual para conmemorar o día das LETRAS GALEGAS 2020 na nosa comunidade educativa (máis información na entrada anterior).

martes, 12 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

  • O vindeiro domingo 17 de Maio celebraremos o día das nosas letras, o día das Letras Galegas. Este ano a Real Academia Galega decidiu dedicarlle este día a Don Ricardo Carvalho Calero. Desde o equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro non nos gustaría deixar pasar esta data sen máis. Así convidámosvos a visitar a WEB do "Seminario Galán" onde poderedes atopar fotografías, biografías, recursos para imprimir e xogos en liña sobre  a vida e obra o autor homenaxeado.

  • Se o que queredes é elaborar un marcapáxinas de Ricardo Carvalho Calero, só tedes que premer aquí e descargar.

  • Tamén nos comprace invitarvos a crear un foto mural virtual elaborado entre toda a comunidade educativa do CEIP de Prácticas de Ourense para conmemorar este data tan sinalada para as nosas letras. A idea é a seguinte:
Enviade ao longo deste semana e a seguinte unha fotografía na que recollades  "a vosa esencia" do Día das Letras Galegas 2020. Na fotografía pode aparecer unha caricatura ou debuxo do autor homenaxeado este ano ou en anos anteriores; unha frase inspiradora, poema ou cita en lingua galega ou que fale do noso País ou lingua; unha palabra fermosa do noso idioma, un debuxo da bandeira da nosa terra, un ou unha... Sede creativos e animádevos a participar. Seguro que facemos unha homenaxe como se merece a nosa lingua e cultura.
         As fotografías serán enviadas ao correo electrónico: a3ceippracticas@gmail.com
Moitas grazas por participar de antemán.

Feliz día das LETRAS GALEGAS

venres, 17 de xaneiro de 2020

Día da Paz 2020

A canción escollida para celebrar o Día da Paz 2020 é de Pablo Díaz, do seu disco TIC-TAC-TOC. Aquí tedes o vídeo: