martes, 12 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

  • O vindeiro domingo 17 de Maio celebraremos o día das nosas letras, o día das Letras Galegas. Este ano a Real Academia Galega decidiu dedicarlle este día a Don Ricardo Carvalho Calero. Desde o equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro non nos gustaría deixar pasar esta data sen máis. Así convidámosvos a visitar a WEB do "Seminario Galán" onde poderedes atopar fotografías, biografías, recursos para imprimir e xogos en liña sobre  a vida e obra o autor homenaxeado.

  • Se o que queredes é elaborar un marcapáxinas de Ricardo Carvalho Calero, só tedes que premer aquí e descargar.

  • Tamén nos comprace invitarvos a crear un foto mural virtual elaborado entre toda a comunidade educativa do CEIP de Prácticas de Ourense para conmemorar este data tan sinalada para as nosas letras. A idea é a seguinte:
Enviade ao longo deste semana e a seguinte unha fotografía na que recollades  "a vosa esencia" do Día das Letras Galegas 2020. Na fotografía pode aparecer unha caricatura ou debuxo do autor homenaxeado este ano ou en anos anteriores; unha frase inspiradora, poema ou cita en lingua galega ou que fale do noso País ou lingua; unha palabra fermosa do noso idioma, un debuxo da bandeira da nosa terra, un ou unha... Sede creativos e animádevos a participar. Seguro que facemos unha homenaxe como se merece a nosa lingua e cultura.
         As fotografías serán enviadas ao correo electrónico: a3ceippracticas@gmail.com
Moitas grazas por participar de antemán.

Feliz día das LETRAS GALEGAS

Ningún comentario:

Publicar un comentario