venres, 21 de febreiro de 2014

Negra sombra - Rosalía de Castro

No bico un cantar, un concerto de nenos e nenas cantando obras en galego, celebrado en San Domingos de Bonaval. Interpretan neste vídeo "Negra Sombra", poema de Rosalía de Castro musicado polo compositor Xoán Montes.





xoves, 20 de febreiro de 2014

Airiños, airiños, aires - Rosalía de Castro - Astarot

O grupo cangués Astarot naceu en 1983 coa idea de facer versións heavys para tocar nos locais rockeiros do Morrazo. Nesta canción fai unha versión do poema "Airiños, airiños, aires".





martes, 18 de febreiro de 2014

Inverno en Infantil

Este inverno está sendo ventoso e húmido, mais co noso traballo volvémolo divertido e agarimoso.