domingo, 1 de febreiro de 2015

Nós atendemos en galego

Este é o lema da campaña de fomento do emprego do galego nos establecementos comerciais desenvolvida por alumnado de Primaria e Secundaria de dez centros educativos da nosa cidade (entre eles o noso) coordinada polo colectivo Auria e co apoio da concellería de Cultura.
Os alumnos convértense en axentes dinamizadores da nosa lingua e tratan de concienciar aos comerciantes das vantaxes de ter a publicidade e atender aos clientes en galego.
Máis información:
Xornal La Región
Xornal La Voz de Galicia
Fotografía do acto de presentación da campaña

Ningún comentario:

Publicar un comentario