xoves, 19 de febreiro de 2015

III Certame de fotografía O verde no País da chuvia

III CONCURSO- EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA

Bases:

  • Tema: "O verde no País da chuvia"

  • Para toda a comunidade educativa (alumnado, nais/pais, profesorado, persoal non docente).

  • Formato: foto con pé de imaxe en galego (versos, prosa, slogan) coladas sobre cartolina ou cartón pluma.


Agradécese que, ademais dos traballos en soporte papel, nos envíen a endlpracticasourense@gmail.com  unha copia dixital para a posterior realización dun documento AV que se colgará na web do centro.

  • Debe levar un título e figurar o nome do lugar. Todas levarán nome, apelidos e curso dou autor/a (No caso de nais e pais, debe aparecer igualmente o nome do/a neno/ae curso no que está).

  • Membros do xurado: 1 membro da ANPA, 1 profesor-a do ENDL, 1 membro do Equipo Directivo do centro.

  • Haberá agasallos para as 3 mellores.

  • Farase unha exposición coas fotografías presentadas.

  • Data útima de entrega de traballos: 6 de marzo de 2015


Agradecemos a vosa participación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario