Que medo!!! Hoxe chegamos ao cole e estaba cheo de morcegos, arañas, vampiros, meigas, cabazas, momias, esqueletos, monstros... Sabedes??? Era a festa de SAMAÍN. Ollade con nós!!! Podes ver máis fotos na galería de fotos de Samaín.
EU FALAREI, con música do "I will survive" de Gloria Gaynor, e cunha letra escrita polo EDLG de Chapela, é un canto de amor en defensa da Lingua Galega, mais tamén é unha denuncia da situación que vive un idioma que esmorece lentamente vendo recortada a súa presenza nos medios de comunicación ou na propia escola, e que día a día perde falantes entre a xente nova.