A ANPA e o ENDL do CEIP de PRÁCTICAS convocan o
V CONCURSO- EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA coas seguintes bases:
· Tema: “
Navegamos no País dos mil ríos e os dous mares”
·
Para toda a comunidade educativa (alumnado, nais/pais, profesorado, persoal non docente).
· Formato:
foto con pé de imaxe en galego (versos, prosa, slogan) coladas sobre cartolina ou cartón pluma enviando, ademais,
copia dixital da mesma a
endlpracticasourense@gmail.com .
· Debe levar un
título e figurar o
nome do lugar. Todas levarán
nome, apelidos e curso do autor/a (No caso de nais e pais, debe aparecer igualmente o nome do/a neno/a e curso no que está).
· Membros do xurado: 1 membro da ANPA, 1 profesor-a do ENDL, 1 membro do Equipo Directivo do centro.
· Haberá agasallos para as mellores.
· Entregar no colexio
antes do 31 de xaneiro de 2017.
· Farase unha exposición coas fotografías presentadas e un audiovisual coas fotografías entregadas no enderezo de correo-e, que logo pasarán a ser propiedade do centro para posteriores usos se for o caso (exposicións, traballos,etc)
Agradecemos a vosa participación.
Ourense, 11 de outubro de 2016.