mércores, 11 de xuño de 2025

XORNAL ESCOLAR 2024 2025 “A BUXAINA”

      Por aquí vos deixamos un novo número da nosa revista escolar "A buxaina". Nela van incluídos algúns dos traballos do noso alumnado ao longo deste curso 2024 2025.



     Esperamos que sexa do voso agrado.

martes, 3 de xuño de 2025

ENTREGA DE PREMIOS “XII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA”

     Hoxe fixemos a entrega de premios do "XII Concurso de fotografía". 

     Como ben puidestes comprobar na exposición deste ano, a calidade dos traballos e o esforzo dos participantes foi altísimo.

     Por iso, o xurado decidiu facerlle entrega dun agasallo a todos e a todas as participantes.


      Moitísimas grazas a todas e a todos por participar.

EXPOSICIÒN XII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

     Xa temos expostos os traballos presentados polo "XII Concurso de Fotografía". O título do concurso deste ano é "Unha voltiña por Galicia" e, como podedes ver, temos verdadeiras xoias fotográficas na nosa exposición.

     Debido ao gran traballo realizado polo alumnado que se presentou ao concurso decidimos premiar a todos e todas elas como recoñecemento polo seu esforzo. Nos vindeiros días faremos a entrega de premios, estade atentos.


      Esperamos que todos e todas gozarades coa actividade e moitas grazas por participar.

VISITA PANDERETEIRAS - LETRAS GALEGAS 2025

     Como ben sabedes todos e todas, este ano o día das LETRAS GALEGAS 2025 está dedicado á poesía de popular oral e personificado na figura das nosas Cantareiras. As cantareiras utilizaban nas foliadas ou seráns todo tipo de instrumentos para acompañar os seus cantos (culleres, pratos, pandeiretas, pandeiros...).

    Para facerlle unha homenaxe no noso centro e acercar ao alumnado a tradición oral e a como esa transmisión xeneracional pasou das Cantareiras ás asociacións culturais e a aos coros a finais do século XX, na semana previa ao día das LETRAS GALEGAS, visitáronnos no cole dúas pandereteiras cos traxes de gala tradicionais galegos.


      Moitas grazas a Cristina e Noemí pola súa axuda e amabilidade.

EXPO CANTAREIRAS

     Aquí vos deixamos un vídeo con todo o que "debedes saber" sobre o día das LETRAS GALEGAS 2025 e as CANTAREIRAS.

 

Esperamos que vos resulte de utilidade.

QUE SABES DAS CANTAREIRAS?

 

     Esta semana celebramos o día das LETRAS GALEGAS 2025. Este ano está dedicado á poesía popular oral e personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (As nosas cantareiras).

     Aquí vos deixamos un xogo en formato Genially para saber máis sobre "AS CANTAREIRAS".

 

Esperamos que sexa do voso agrado.

EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2025

     Xa temos dispoñible a "Exposición Letras Galegas 2025" no corredor da planta baixa do centro.


       Esperamos que sexa do voso agrado.

martes, 1 de abril de 2025

RECOLLEITA DE TOPONIMIA 2024-2025

     Aquí vos deixamos os novos termos recompilados no programa de centro de "Recolleitas de toponimia" da zona.

 


     Esperamos que sexan do voso agrado.

O "NOSO" HERBARIO DE ROSALÍA DE CASTRO

     Aquí vos deixamos a nosa interpretación de "O herbario de Rosalía".

    O libro foi publicado pola fundación Rosalía de Castro no ano 2022 e, agora Nós, démoslle unha volta para adaptalo e  poder acercar á comunidade educativa a poesía de Rosalía.

 


     Esperamos que sexa do voso agrado.
 

martes, 18 de marzo de 2025

XII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

 

     Aquí vos deixamos o cartel do Concurso de fotografía deste curso escolar. Este ano, en relación ao proxecto documental de centro "Unha voltaiña polo mundo", titulamos o noso concurso: "UNHA VIAXE POR GALICIA".

     Tal é como reza o título buscamos fotos realizadas en Galicia (paisaxes, lugares, monumentos, detalles...) e... recordade, o texto dos traballos deberá estar en lingua galega posto que o concurso esta convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua do noso centro.

     Esperamos os vosos traballo ata o 9 de Maio.


      Moitas grazas pola vosa participación.

VISITAS CULTURAIS ENTROIDO 2025

 

      Este curso, inserto no proxecto documental de centro "UNHA VOLTIÑA POLO MUNDO", decidimos dar unha "voltiña" polos Entroidos de Ourense que son considerados Festa de Interese Turístico Nacional.

    Os sete entroidos que nos visitaron foron:

  • Xinzo (Pantalla).
  • Verín (Cigarrón).
  • Laza (Peliqueiro).
  • Viana do Bolo (Boteiro)
  • Vilariño de Conso (Boteiro).
  • Maceda (Felo).
  • Mazaneda (Mázcara).

     Cada un dos sete Entroidos ofreceunos unha charla/conferencia explicativa e despois recorreron os corredores do noso centro cos seus traxes tradicionais.

     Aquí vos deixamos unha foto/montaxe con instantáneas dos mellores momentos.

      Moitas grazas a todos e todas as que fixeron posibles estas visitas (Concellos, Asociacións e particulares).
 

ENTROIDO 2025 - TRAXES DOS ENTROIDOS TRADICIONAIS DE OURENSE

     Aquí vos deixamos un álbum cunha selección de fotos realizadas durante as visitas realizadas para presentarlle ao alumnado os Entroidos Tradicionais de Ourense.


 

luns, 24 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA 2025

      Aquí vos deixamos a exposición que elaboramos no centro para conmemorar o "DÍA DE ROSALÍA 2025".

POSTAIS GAÑADORAS CONCURSO "FELICITA EN GALEGO 2024"

     Aquí vos deixamos unha foto da exposición elaborada coas postais gañadoras de cada aula no concurso FELICITA EN GALEGO 2024.

Foto Felicita en Galego 2024

     Moitas grazas a todos por participar e FELICES FESTAS.

REPRESENTAMOS "OS MARABILLOSOS DE RISCO"

     O día 30 de Setembro Inma Soto levou a cabo a actividade/contacontos "Os marabillosos de Risco" dirixida ao alumnado de 3º curso de educación primaria do noso centro.

     Por aquí vos deixamos a representación que o noso alumnado fixo a partir da actividade recibida.

      Montaxe Traballos alumnado

"OS MARABILLOSOS DE RISCO" por Inma Soto

     O día 30 de Setembro Inma Soto levou a cabo a actividade "Os marabillosos de Risco" dirixida ao alumnado de 3º curso de educación primaria do noso centro.

     Agradecer á fundadación Vicente Risco por pensar no noso centro para realizar esta actividade no 140 aniversario do nacemento do intelectual galego.

    Aquí vos deixamos unha pequena montaxe da actividade.

Montaxe Risco